Posteado por: gallegosporelmundo | febrero 5, 2024

A VIDA NA ALDEA

Dende a serra hata o Outeiro

co carro cheo de toxos,

diante, el guiando as vacas,

detrás un cadelo coxo.

*

As mulleres levan as olas

cheas de auga, na cabeza,

debaixo do brazo un feixiño

con frescas e verdes verzas

*

Os nenos están no monte

con ovellas e con vacas,

os vellos fan o que poden…

As ganancias son escasas.

*

Todos siguen agardando

as cartas dos que marcharon,

haber se chegan noticias

dos cartiños que mandaron.

*

O tempo e o de sempre,

choiva, vento e moito frío,

pouco que levar a boca,

non quedan peixes no río.

*

Esa era a vida na aldea

cando eu era pequeño

e non entendía as cousas

por ser ainda moi neno.

*

ROBERTO GONZÁLEZ RODRÍGUEZ


Deja un comentario

Categorías